A familia de Maside recupera 21 cadros do pintor cedidos ao Concello de Vigo

O obxectivo dos herdeiros é chegar a algún acordo para manter a colección unida

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Hai 43 anos que o concello de Vigo custodia 21 obras de Maside. Quince delas exhibíanse na Pinacoteca do Casco Vello. Agora, a xustiza deulle a razón aos herdeiros e o concello deberá devolver as obras á familia. Esta criticou o tratamento das obras de arte do pintor de Pontecesures por parte do concello de Vigo e manifestou a idea de manter a colección unida nalgún museo galego: "se recibimos unha oferta boa en termos de calidade, non económica, onde nos garantan que os cadros non fiquen nun recuncho e lles recoñezan o valor que teñen, entón aceptaremos". A familia rexeitou dúas ofertas do concello, a última por 700.000 euros.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Maside

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares