Continúan as crÃticas ao proceso de selección para o posto de dirección do Museo de Pontevedra. Desta volta a Asociación de Amigas e Amigos do centro presentou un recurso de reposición contra a convocatoria, a sinalar que a mesma adoce de falta de concreción e transparencia. Ademais, e como novidade, a entidade lembrou que, segundo o Estatuto de AutonomÃa, correspóndelle á Xunta a xestión do centro dentro das súas competencias exclusivas sobre patrimonio cultural. Nese sentido reclamoulle á Deputación Provincial, actual titular do museo, que solicite a súa transferencia á Administración Autonómica. A asociación anunciou a súa intención de chegar á vÃa contenciosa-administrativa en caso de non se paralizar o proceso de selección.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, celebrou a reclamación deste colectivo e lembrou que o pacto de goberno do actual executivo da entidade xa reclamaba en 2015 que o goberno autonómico asumise esta e outras competencias actualmente en mans da Deputación. Ademais, lembrou que hai xa un ano lle remitiron á Xunta a documentación a solicitar que se fixese cargo do Museo sen ter obtido resposta ao respecto polo momento.