Un duplo lanzamento discográfico e unha xira arredor da relación entre Lorca e RosalÃa. O músico berciano Amancio Prada presentaba o pasado venres no Consello da Cultura Galega os seus últimos proxectos, nos que explora os vencellos entre a poeta galega e o poeta granadino. Para o facer, Prada presenta, por unha banda Federico GarcÃa Lorca: Poeta en Galicia, un libro-CD editado por Vaso Roto no que o cantor versiona por vez primeira a totalidade dos Seis poemas galegos do poeta aos que engade a súa Salutación ElegÃaca a RosalÃa de Castro. O proxecto conta coas ilustracións de Juan Carlos Mestre. En paralelo, sae tamén à venda Resonancias de RosalÃa.
A partir do repertorio dos dous álbums, Prada está a desenvolver no noso paÃs a xira A RosalÃa de Federico, na que conta co acompañamento do acordeonista Cuco Pérez. Logo de pasar por Compostela e Valga, a xira continúa esta semana o martes 20 en Tui, o dÃa 21 en VilagarcÃa de Arousa, o sábado 24 en Ferrol e o domingo 25 en Cangas.