Diferentes actividades lembran o aniversario dos poemas galegos de Lorca

O pasado domingo fixéronse oitenta anos da publicación dos versos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Diferentes actividades lembran o aniversario dos poemas galegos de Lorca

O 27 de decembro de 1935 a editorial compostelá Nós, dirixida por Ánxel Casal, tiraba do prelo a primeira edición dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Para conmemorar os 80 anos daquel histórico lanzamento, o Concello de Santiago organizou este domingo un acto literario e musical na Rúa do Vilar, onde estaba instalada a imprenta de Casal. Pola súa banda, Biblos Clube de Lectores presentaba onte, tamén en Compostela, o volume 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, un volume no que 36 poetas galegos réndenlle homenaxe ao autor andaluz. O volume inclúe tamén os versos orixinais e seis ilustracións de autores do país.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lorca, Federico García Lorca, Ánxel Casal, Biblos...