Lugo lembrará a primeira visita que fixo Federico García Lorca a Galicia

Visitas con pegada

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Este sábado cumpríanse setenta anos do fusilamento de Federico García Lorca. Se relacionamos esa data coa celebración do Ano da Memoria e con que se cumpren noventa anos desde que o autor andaluz visitou Galicia por primeira vez entenderemos porqué o Foro pola Memoria Republicana de Galicia aproveitará esta data para facer unha homenaxe (que se celebrará o vindeiro 28 de outubro en Lugo). Na súa memoria editaranse varias publicacións que deixarán constancia da influencia que deixou esta visita no escritor. Ademais de erguerse unha placa de homenaxe, editarase un díptico que recolle o primeiro dos “Seis poemas galegos” que escribiu o granadino para a revista “Yunque” que editaba Ánxel Fole.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Federico García Lorca, Lorca, Lugo, La Voz de Galicia

Claves

Entidades
Lugares