Unha ruta e diferentes actividades lembrarán esta fin de semana a presenza de García Lorca en Lugo

Por Lugo con Lorca

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xa está aquí a anunciada homenaxe que se lle vai facer en Lugo a Federico García Lorca rememorando o seu paso pola cidade. O eixe da celebración son os noventa anos da primeira visita do poeta a Lugo. Lecturas públicas, conferencias, e mesmo unha homenaxe que contará coa presenza de Manolo Rivas compoñen un nutrido programa que se desenvolverá ao longo da fin de semana. Ao tempo, o Instituto Ramón Piñeiro anunciou que fará unha edición facsimilar da revista "Yunque", dirixida por Ánxel Fole, onde se publicou o primeiro poema en galego de Lorca.

Máis información en El Progreso, e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lorca, Lugo, Federico García Lorca, Manolo Rivas...