Claudio Rodríguez Fer recupera en Madrid os tres primeiros números da revista "Yunque"

Unha revista que forxou cultura

Entre 1931 e 1932 viu a luz en Lugo unha revista de cultura e política chamada "Yunque", que supuxo no seu día unha destacada aposta pola vangarda política e cultural. Dirixida por Ánxel Fole déronse cita na publicación nomes coma Luís Pimentel, Francisco Lamas ou Álvaro Cunqueiro entre moitos outros. Agora, o filólogo Claudio Rodriguez Fer acaba de anunciar que recuperou exemplares dos tres primeiros números desta importante cabeceira, que ata ao de agora se daban por desaparecidos. O domicilio de Francisco Lamas, último alcalde republicano de Lugo, en Madrid, agochaba este tesouro, que agora permanece depositado no Centro Ramón Piñeiro.


Máis información na edición de hoxe de El Progreso