Á publicación da obra en castelán de Ánxel Fole únenselle as edicións bilingües da poesía de Cunqueiro e do poema arxentino “Martín Fierro”

Edicións entre dúas linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Anímase a publicación bilingüe castelán-galego de obras poéticas coa edición por parte da editorial Visor da poesía galega de Álvaro Cunqueiro e do famoso poema arxentino do mundo gaucho “Martín Fierro”, obra de José Hernández publicada pola Xunta. A obra de Cunqueiro cos poemarios galegos do autor mindoniense está traducida por Vicente Araguas excepto “Herba de aquí ou acolá” que é unha anterior tradución de César Antonio Molina. Sobre unha tradución realizada en 1960, corrixida e actualizada, publica a Xunta a obra “Martín Fierro”, do que saca agora 1000 exemplares. Por outro lado o centenario do nacemento de Ánxel Fole chega coa publicación do terceiro dos volumes que Galaxia dedica á obra do escritor lucense. O encargado desta edición, o poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, engade agora aos dous volumes publicados anteriormente coas obras completas en galego outro que recolle narrativa, poesía e artigos en castelán de Fole.

Máis información en El Progreso e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Tradución, Claudio Rodríguez Fer, César Antonio Molina...