Pontevedra lembra os 90 anos da visita de Lorca á cidade cunhas xornadas

O Museo de Pontevedra organiza a Semana Lorquiana entre o 16 e o 20 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Pontevedra lembra os 90 anos da visita de Lorca á cidade cunhas xornadas

A rememorar un ano máis a visita de Federico García Lorca á cidade, o Museo de Pontevedra organiza entre o 16 e o 20 de novembro unha nova xeira da Semana Lorquiana. Desta volta, as xornadas céntranse no 90 aniversario da revista Cristal, que impulsaron os anfitrións locais do poeta granadino e na que o autor publicou o sonetoYo sé que mi perfil será tranquilo.

O programa da conmemoración comeza o mércores 16 cunha mesa redonda sobre esta publicación, na que participan o escritor Xesús Alonso Montero e o xornalista Ramón Rozas, moderada pola tamén xornalista Susana Pedreira.

O día 19 a proposta continúa cun roteiro temático sobre a visita de Lorca e a revista, e ao longo de toda a semana desenvolveranse sesións de narración oral para escolares a relacionar a visita do poeta con fondos do Museo.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lorca, Museo de Pontevedra, Federico García Lorca, Ramón Rozas...