
Entre os actos programados, o xoves 14 de novembro ás 19:00 h no Edificio Castelao, terá lugar o concerto ilustrado 'Federico GarcÃa Lorca, poeta galego'. Trátase dun espectáculo dirixido a público adulto no que a través da narración, a música e a ilustración se fai un percorrido pola obra e a estadÃa galega de Federico GarcÃa Lorca. A actuación corre a cargo de Marcelo Dobode, VÃctor Movilla, Tania Solla, Antón Ke e Polo Correo do Vento. O sábado 16 de novembro farase unha andaina pola cidade, co tÃtulo 'Federico GarcÃa Lorca en PontevedraÂ’. Ademais, durante toda a semana, do 13 ao 15 de novembro, realizaranse sesións orais para escolares de centros de Pontevedra con narracións para público infantil nas que se relaciona a presenza de GarcÃa Lorca cos fondos do Museo de Pontevedra. Toda a programación da Semana Lorquiana está a cargo da empresa cultural Polo Correo do Vento, que xestiona tamén as inscricións na andaina.