Lorca volve a Compostela

A mostra acolle máis de 80 documentos e pezas sobre a presenza do poeta

21/7/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Foto: Concello de Santiago

Federico García Lorca visitou Santiago de Compostela en varias ocasións, a última delas en 1932. Tamén percorreu outras cidades galegas, ben como conferenciante ou como membro de La Barraca, a lendaria compañía teatral da República. Para conmemorar ese frutífero paso, do que ficou abondosa memoria e a incursión do poeta na creación poética en lingua galega, o Consorcio de Santiago inaugurou na Casa do Cabido a exposición "Lorca en Compostela". Con máis de 80 pezas, entre as que figuran manuscritos, debuxos, fotografías ou audios, entre outros, o comisario da mostra, o xornalista e editor Henrique Alvarellos, traza os pasos e o impacto do poeta en Galicia e en Compostela. A mostra permite ver debuxos realizados por Lorca no Hotel Compostela en 1932, un vídeo da xira de La Barraca por Galicia ou diferentes manuscritos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lorca, Federico García Lorca, Henrique Alvarellos, República...