A Aula de Teatro Universitaria de Ourense participa na xira de homenaxe a Lorca

Maricastaña na barraca

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As pegadas da Barraca é o nome da xira coa que a Aula de Teatro Universitaria de Ourense Maricastaña percorrerá 14 localidades do Estado canda a outras tres compañías. A iniciativa, que parte da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais quere homenaxear a compañía itinerante A Barraca, coa que Federico García Lorca tentou achegarlle o teatro ao pobo. Os ourensáns representarán a obra A equipaxe, que está baseada nun dos Episodios nacionais de Benito Pérez Galdós.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lorca, Ourense, Federico García Lorca

Claves

Conceptos
Lugares