Por vez primeira en máis de 60 anos, a Barraca de Barriga Verde estará presente de novo nas Festas da Ascensión que comezan esta semana en Santiago de Compostela. Entre os dÃas 26 e 29 de maio, a Alameda da Cidade inclúe entre as atraccións habituais este espazo escénico itinerante que acollerá unha completa programación de tÃteres.
A Asociación Cultural Morreu o Demo, centrada na recuperación do tÃtere tradicional galego, coordina esta iniciativa, para a que conta coa recreación da barraca orixinal que a familia Silvent levou por todo o paÃs durante o século XX e que voltou á vida da man da compañÃa Viravolta TÃteres. No seu interior poderá verse por vez primeira a totalidade dos espectáculos cos que diferentes compañÃas de tÃteres do paÃs manteñen con vida a este personaxe. As reinterpretacións que se poderán ver van desde as recreacións máis fieis á versión orixinal do espectáculo, como a que desenvolve Viravolta, ata propostas que adaptan pezas literarias, como é o caso de Barriga Verde contra o demo negro, de Larei Lará, cuxo texto é da autorÃa de Alfredo Conde.
Canda a estas, o espazo acollerá Barriga Verde ataca de novo proposta de TÃteres Alakrán que recupera o tradicional uso da palleta para a voz do protagonista, Dona Barriga Verde, na que Larraitz Urruzola troca do xénero do heroe tradicional, e mais O baúl de Barriga Verde, unha recreación do personaxe a cargo de TÃteres Cascanueces. Todas estas montaxes, agás a de Larei Lará, manteñen as convencións tradicionais dos tÃteres de cachaporra, coa comedia fÃsica como elemento fundamental das obras.
Tamén aposta pola cachaporra outra compañÃa presente neste programa, Mircromina, que presenta o seu espectáculo A familia unida. Finalmente, a histórica Os Monicreques de Kukas, de Compostela, achegará a este encontro a súa obra Xan Perillán compra queixo, compra pan. A iniciativa fai parte da programación das Festas da Ascensión e conta co apoio do Concello de Santiago.