A Asociación Morreu o Demo convida a facer títeres na casa e na escola

O colectivo publica na rede cinco vídeos no marco do seu proxecto didáctico Da Barraca á Aula

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A Asociación Morreu o Demo convida a facer títeres na casa e na escola

Cinco vídeos nos que se ensina a fabricar e pór en escena distintos tipos de títeres de luva. Esta é a proposta que a Asociación Morreu o Demo acaba de publicar nas redes como parte do seu proxecto didáctico Da Barraca á Aula. Nas pezas, profesionais do sector como Larraitz e Mirari Urruzola e Borja Insua explican o xeito no que se poden facer desde monicreques sinxelos con papel de xornal ata pezas elaboradas en papel maché. Ademais, explícanse as bases de técnicas de manipulación e escenificación con bonecos e como se manexa a cachaporra, elemento básico da tradición titiriteira europea e galega.

Os vídeos intégranse do proxecto didáctico Da Barraca á Aula, co que a Asociación está a divulgar os títeres tradicionais en diferentes centros de ensino de todo o país e que desenvolve co apoio da Deputación da Coruña. Esta iniciativa pretende dar a coñecer esta arte e potenciala como unha forma de ocio, ademais de reivindicar a tradición galega de monicreques da que fai parte o célebre Barriga Verde.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Rimar os títeres

O proxecto Títerehop mestura monicreques e rap en galego

Paso a paso, son a son

Paso a paso, son a son

O Proxecto Ronsel amosa en vídeo como crear sinxelos instrumentos musicais tradicionais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Asociación Morreu o demo, Deputación da Coruña, Medios de comunicación...