A Arca da Noe, en Vilar de Santos, acolle este venres 27 a estrea de Barriga Verde ataca de novo. Títeres Alakrán leva a escena, da man de Borja Ínsua, unha nova versión da popular obra de monicreques que percorreu Galicia durante boa parte do século XX. Con bonecos inspirados nos que empragaba orixinalmente a familia Silvent, Ínsua presenta unha contextualización contemporánea da montaxe e recupera algúns dos números máis coñecidos, como a tourada, o xogo da pelota ou os encontros do protagonista co demo e coa morte. Como pecualiaridade, a obra desenvólvese cun único manipulador que empregará ademais a palleta para porlle voz aos personaxes.
Esta proposta súmase así á que desenvolve desde ahi anos Viravolta títeres para traer de volta aos nosos escenarios este coñecido títere tradicional galego.
Esta proposta súmase así á que desenvolve desde ahi anos Viravolta títeres para traer de volta aos nosos escenarios este coñecido títere tradicional galego.