O Concello de Teo acolle por terceiro ano consecutivo Titiriberia. Olladas sobre os Cristovos. O festival dedicado aos títeres tradicionais que organiza a Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do concello e da Área de Cultura Deputación da Coruña desenvolverá entre o 4 e o 11 de novembro vindeiros unha xeira marcada pola presenza feminina. Entre as novidades está a estrea de Dona Barriga Verde, obra de Larraitz Urruzola que adapta o histórico personaxe dos títeres galegos cunha muller como protagonista por vez primeira. Ademais, o programa inclúe un un obradoiro de Títeres en Igualdade e mai a obra Angelita na que a compañía Tactilicuä aborda os roles tradicionais impostos á muller. Unha mesa redonda na Mediateca do Grilo o venres abordará a problemática da muller nos títeres tradicionais da man de varias profesionais do sector.
Para alén deste eixe, o festival continúa a apostar pola Feira Cabalar de Francos como eixe. Unha barraca instalada na carballeira onde se desenvolve este mercado achegará actuacións de títeres e animación de rúa ao longo de todo o día 11 ademais dunha función especial de varietés para adultos na noite do día 10. Música ao vivo da man de Alfonso Caxade, Joám Casas e Pablo Nogueiras, monicreques, malabarismos e cancións mestúranse nun evento guiado por Iria Pinheiro co que se recrean os números que desenvolvía a familia Silvent na súa barraca de xeito previo ás funcións de Barriga Verde.