
Entre os convidados, destacan a compañÃa catalá Titelles Vergés, que representará Pinocho e Perico sen medo, o historiador Adolfo Ayuso, considerado principal especialista sobre tÃteres a nivel estatal, a compañÃa portuguesa Red Cloud ou TÃteres desde Abajo, grupo coñecido logo de ter sido encausado pola Audiencia Nacional por apoloxÃa do terrorismo, precisamente ao pór en escena unha adaptación da obra tradicional Don Cristóbal. Canda a eles a compañÃa galega Alakrán levará a escena Barriga Verde ataca de novo e TÃteres Viravolta presentará Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón.
Segundo explicou Anxo GarcÃa, presidente de Morreu o Demo na presentación do programa, Titiriberia supón “un paso importante no proceso de recuperar, coñecer e actualizar estes tÃteres”, e nesa liña o programa inclúe, na tarde o dÃa 8, a mesa redonda "A vixencia da cachaporra: Violencia nos tÃteres tradicionais?" para debater os problemas e as posibilidades de manter e transmitir este patrimonio.