No programa, ademais de funcións escolares, obradoiros, animacións na propia feira de Francos ou a proxección do filme portugués Dom Roberto, poderán verse actuacións como a de Z. Las aventuras de El Zorro a cargo do catalán Eudald Ferré e de Luca Ronga (xoves 9 ás 18 horas), O barbeiro, A tourada e O caçador, nos que MãoZorra recuperan os Robertos portugueses ou La muerte de Don Cristóbal a cargo da compañÃa Pelele. Viravolta co seu Barriga Verde e Danthea Teatro con O espello de Francisquiña son outras propostas que fan parte do programa. Ademais, na tarde do dÃa 9, unha mesa redonda reflexionará sobre a consideración dos tÃteres tradicionais como patrimonio e a súa problemática.
A Asociación Cultural Morreu o Demo, coa colaboración do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, organiza o que é o único festival do Estado dedicado aos tÃteres tradicionais.