Paso a paso, son a son

O Proxecto Ronsel amosa en vídeo como crear sinxelos instrumentos musicais tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Paso a paso, son a son

En Internet proliferan os vídeos caseiros que explican como solucionar problemas domésticos ou como é o mecanismo interno de calquera tipo de trebello. O sitio web máis famoso destes vídeos domésticos é How Stuff Works (como funcionan as cousas), pero agora o formato tamén se trasladou ao mundo do patrimonio inmaterial galego. O Proxecto Ronsel explica en detallados vídeos como construír xoguetes musicais da nosa tradición.

Cantagalos, reque-reques, roncollos, castañolas de cana, zoadeiras, tarrañolas, carrizos ou mirlitóns son nomes que para moitos nos poden ser descoñecidos. Pero en realidade se tratan de instrumentos sonoros tradicionais, feitos moitas veces para nenos, que están perdidos para as novas xeracións. Empregando unha cámara cenital, os membros do Proxecto Ronsel –unha iniciativa das tres universidades galegas e as Consellarías de Cultura, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta que procura a catalogación e difusión do patrimonio cultural inmaterial de Galicia- gravan a confección destes instrumentos. Un formato atípico e orixinal para a difusión do noso patrimonio inmaterial.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet

Claves

Conceptos