Fai agora un século, Federico GarcÃa Lorca chegaba por vez primeira a Galicia no marco dunha viaxe de estudos. Para conmemorar este centenario, o Salón Teatro de Compostela acollerá mañá, ás oito e media da tarde, un espectáculo no que o guitarrista Samuel Diz presentará o seu disco Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca. En diálogo con el intervirá o hispanista e experto na vida e na obra de Lorca Ian Gibson, mentres a xornalista Carolina Alba lerá unha serie de textos xornalÃsticos e fragmentos da obra do poeta granadino. A entrada ao evento é de balde ata completar aforo.
A coincidir con esta conmemoración, o Consello da Cultura acaba de publicar no seu web a última edición do Pórtico poético dos “Seis poemas galegos” de Lorca, un volume no que LuÃs Pérez RodrÃguez realiza unha ampla análise sobre a relación do poeta con Galicia e o proceso de creación dos seus célebres versos na nosa lingua. O libro inclúe ademais a conferencia de Blanco-Amor sobre estes textos e a música que compuxo expresamente Isidro Maiztegui a partir dos mesmos.