Unha volta á poesía do "primeiro embaixador da cultura galega"

O CCG reedita por terceira vez os Seis poemas galegos

5/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Federico García Lorca en Betanzos. Foto: Arquivo de Carlos Martínez-Barbeito

O CCG presentou esta mañá a terceira edición de O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, editados por Luis F. Perez. É unha obra imprescindible para adentrarse no proceso de confección e na vida posterior dos Seis poemas galegos que Federico García Lorca redactou na nosa lingua, así como no papel de Eduardo Blanco-Amor na difusión desta obra. Ramón Villares, presidente do CCG, definiu a obra de Lorca como un dos "monumentos da literatura galega". A obra inclúe un CD cunha conferencia de Eduardo Blanco-Amor sobre os poemas galegos de F. García Lorca.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poemas, Lorca, Poesía, Ramón Villares...