O Pen Club recupera a figura de Blanco Amor no vintecinco cabodano do seu pasamento

Cabodanos de prata

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Mañá, 1 de decembro cúmprense vintecinco anos do pasamento de Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897-Vigo, 1979). Unha data que o Pen Club non quere pasar desapercibida e para a que convocou varios actos que van desde unha ofrenda floral (Cemiterio de San Francisco ás 12:30 horas) até un xantar literario no Liceo Ourensá. Un acto no que está prevista a proxección dunha montaxe audiovisual das fotos de Blanco Amor, alén de escoitar a voz do escritor recitando un dos seis poemas galegos de Federico García Lorca.

Máis información en Galicia Hoxe , sobre Eduardo Blanco Amor en lg3 e sobre os poemas de Lorca a partir de Blanco Amor no web do Consello

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lorca, Eduardo Blanco Amor, Federico García Lorca, Culturagalega...