Os escritores do PEN Clube organizan unha xornada de homenaxe a Blanco-Amor en Ourense

Homenaxe a Blanco-Amor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O P.E.N. Clube de Galicia ten previsto organizar o próximo primeiro de decembro, en Ourense, unha homenaxe ao escritor Eduardo Blanco-Amor, no día do vintecinco cabodano da desaparición do autor de “A Esmorga”. Eduardo Blanco-Amor encabezou a lista de escritores galegos que, en abril de 1977, solicitou a creación dun PEN Clube de Galicia. Os actos previstos inclúen unha ofrenda floral na súa sepultura no cemiterio de San Francisco, un café literario "Evocación de EBA en Auria, 25 anos despois" coa participación de destacadas escritoras e escritores galegos. Tamén terá lugar un recital e a proxección dun audiovisual con fotos de Blanco-Amor e unha lembranza da súa voz recitando un dos seis poemas galegos de Federico García Lorca. O PEN de Galicia completará esta homenaxe coa posterior publicación dun libro no que estarán presentes todos os participantes e que incluirá algúns textos, aínda inéditos, de Blanco-Amor.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, PEN Clube, Ourense, Lorca...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares