O PEN Clube conmemora o 35 cabodano de Blanco Amor

O cemiterio ourensán de San Francisco acollerá a homenaxe o vindeiro 1 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A homenaxe que cada ano lle fai PEN Clube de Galicia a Eduardo Blanco Amor con ocasión do seu cabodano adquire nesta ocasión unha especial solemnidade xa que o Parlamento acordou dedicarlle este ano ao narrador. A agrupación literaria conmemora os 35 anos do seu pasamento cun acto literario que se desenvolverá o vindeiro 1 de decembro no cemiterio de San Francisco, en Ourense, onde foi enterrado o autor. Nos actos está prevista a presenza de representantes da Consellaría de Cultura, da Real Academia Galega e mais da Editorial Galaxia entre outras entidades.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PEN Clube, Real Academia Galega, Eduardo Blanco Amor, Editorial Galaxia...