Valga lembra a Ferro Couselo mentres Lugo homenaxeará a García Lorca

Memorias de diferente tipo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Acábanse de cumprir os cen anos do nacemento de Xesús Ferro Couselo, un destacado investigador da lingua e a cultura galega. Coincidindo coa efeméride, o seu concello natal, Valga en Pontevedra, honrou a súa figura cunha ofrenda floral, cunha exposición e coa concesión dos premios de investigación que levan o se nome. Monserrat Varela Vázquez fíxose co galardón cun traballo no eido da superstición na tradición popular galega, mentres que Julia Vidal Ibáñez fíxose noutra modalidade por un traballo sobre a cultura da auga, as fontes e os lavadoiros de Valga. Por outra banda, o Foro pola Memoria Republicana de Galicia homenaxeará en Lugo o poeta Federico García Lorca. O acto, que terá lugar o 19 de agosto, servirá tamén para dar a coñecer a relación do poeta granadino con Galicia.

Máis información sobre a homenaxe a Ferro Couselo no Diario Pontevedra e sobre a súa figura na wikipedia e sobre o acto do Foro pola Memoria Republicana en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Lorca, Lugo, Xesús Ferro Couselo...

Claves

Entidades
Lugares