A Fundación Sondeseu dirixira a escola municipal de música tradicional de Vigo

Vigo apúntase á música tradicional

2/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Concello de Vigo chegou a un convenio coa Fundación Sondeseu para separar o Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios e crear una nova escola municipal. Baixo o nome de E-Trad o novo organismo educativo municipal de ensino musical estará xestionado pola fundación dirixida por Rodrigo Romaní que será quen contrate ao profesorado. Inicialmente o E-Trad seguirá usando as dependencias da Escola de Artes e Oficios, pero a concelleira de educación, Laura López Atrio, xa avanzou que no futuro pasará a un edificio que reúna todas as escolas municipais de teatro, música e danza e que estará situado nun solar xunto ao colexio Fleming. Esta nova pecha un período de incertidume de varios meses desde que no mes de xuño una inspección de traballo constatou a ilegalidade nos contratos de nove docentes.

Máis información no Atlántico Diario e tamén no Faro de Vigo e no noso tema sobre os problemas dos conservatorios de música tradicional

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, SonDeSeu, Rodrigo Romaní, Educación...