O Concello de Vigo presenta o proxecto da nova Escola de Música Tradicional

A E-Trad que vén

3/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A concelleira de Educación de Vigo, Laura López presentaba o pasado xoves o proxecto da E-Trad, a nova Escola de Música Tradicional e Folk que se vai pór en marcha nesta cidade. O centro, que dirixirá Rodrigo Romaní, achegará dous itinerarios formativos (afeccionado e profesional) e contará con oito profesores, dous máis dos que ata o de agora participaban na aula de música tradicional. A maiores, incrementarase tamén en dous o número de especialidades, que pasan a nove, a cantidade de horas lectivas, (sesenta e cinco máis, ata sumar 200) e o orzamento, que ascenderá a 221.000 euros.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Concello de Vigo, Rodrigo Romaní, Folk...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares