A Asociación de Gaiteiros Galegos xestionará a escola de música tradicional de Lugo

Dosier: Escolas de Música Tradicional

3/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Se o curso comezaba con crise nos conservatorios galegos de música tradicional, semella que remata con boas novas para o sector. Así, a Dirección Xeral de Xuventude e mais a Vicepresidencia da Deputación de Lugo acordaban onte crear unha escola de música tradicional na Cidade da Muralla. O centro, destinado fundamentalmente aos máis novos estará dirixido pola Asociación de Gaiteiros Galegos. A nova chéganos poucos días despois de que se confirmase o comezo da actividade da E-Trad de Vigo. Coñece todas as cuestións sobre o ensino da música de raíz no noso dosier.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Gaiteiros Galegos, Lugo, Vigo, Escolas...