A escritora An Alfaya faise co premio Laxeiro

Foi outorgado polo padroado da fundación do artista

11/11/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

An Alfaya. Foto: Estevoaei / Wikipedia

A escritora viguesa An Alfaya foi galardoada co Premio Laxeiro 2026, unha distinción concedida pola Fundación Laxeiro. O presidente do padroado da fundación e alcalde de Vigo, Abel Caballero, suliñou a "traxectoria de Alfaya no ámbito da literatura infantil, xuvenil e adulta", así como a difusión internacional da súa obra e a participación no tecido cultural vigués, coa súa participación na fundación do Teatro Avento. O premio será entregado en febreiro.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, An Alfaya, Abel Caballero, Literatura...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares