A Fundación Laxeiro homenaxea a María do Carme Kruckenberg

A entidade prepara a mostra Cartografías do presente. A Colección Fundación Laxeiro de Arte contemporánea para este ano

A poeta María do Carme Kruckenberg recibiu onte o Premio Laxeiro 2011 en Vigo, no marco do xantar conmemorativo anual da fundación que leva o nome do pintor. Kruckenberg, que foi escollida para esta homenaxe por aclamación de todos os membros do padroado lembrou a súa relación con Laxeiro. A Fundación, pola súa banda, adiantou algúns dos proxectos que pretende desenvolver ao longo deste ano, no que conta cun orzamento de 155.000 euros, un dos máis baixos da súa historia. Para alén de continuar o traballo de catalogación da obra gráfica e escrita de Laxeiro, a entidade prevé organizar a exposición i>Cartografías do presente. A Colección Fundación Laxeiro de Arte contemporánea, que amosará obras de diferentes creadores presentes nos seus fondos.