A Fundación Laxeiro amosa en Vigo os "eus" do pintor

A mostra permanecerá aberta ata o 17 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

18 autorretratos de Laxeiro que, ao longo da súa vida, son unha viaxe á evolución artística do pintor de Lalín pódense ver na mostra "Son eu", que se expón ata o 17 de maio na Fundación Laxeiro de Vigo. Diseminadas polo medio da colección permanente da Fundación, a mostra permite descubrir os dezaoito autorretratos nos que Laxeiro se acreditaba coas palabras que dan título a esta mostra comisariada por Carlos Bernárdez. Cinco das pezas pertencen á colección da propia Fundación, ás que se suman outras nunca antes expostas ou que pertencen a coleccións privadas de fóra de Galicia. Os retratos son unha auténtica mostra da evolución artística de Laxeiro.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Fundación Laxeiro, Vigo, Lalín

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares