Belém Tajes é a gañadora do XVII Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña. O ditame do xurado, que valorou o risco á hora de facer ponte entre a música galega e latinoamericana, ademais dos arranxos, levaron ao triunfo a Belém Tajes nunha gala final no Salón Teatro de Santiago na que Marián rematou segunda e Vimbio terceira. Alén das actuacións a concurso tamén participou como banda convidada o dúo Caamaño & Ameixeiras nun acto que estivo conducido polo xornalista Luís Pardo e no que tamén participou o artista visual Iván Torres. A gala acolleu as actuacións de 15 minutos das tres bandas finalistas e o xurado decidiu o gañador, que leva 4.000 euros, alén de varias actuacións en festivais galegos; o segundo clasificado 2.000 e o terceiro 1.500. Durante a súa deliberación, os asistentes puideron gozar da actuación de Caamaño&Ameixeiras.
Belém Tajes é unha cantante e compositora coruñesa, e foi parte de bandas como Vudú, Aliboria ou Luar na Lubre. En novembro de 2024 publicou o seu primeiro álbum de longa duración, 'Amar o mar', un traballo que mestura música tradicional galega e latinoamericana con toques de pop e electrónica. O xurado salientou dela "as letras moi coidadas e unha aposta singular e con personalidade na instrumentación". O xurado elixiu os finalistas entre a trintena de propostas recibidas. Forma parte do xurado como presidenta Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; o xornalista e músico Daniel Salgado, a músico Ugia Pedreira, o músico e divulgador Alberto Busto, a produtora Noa Díaz e o programador Tomi Legido. Como secretaria actuou Manuela Muñiz Souto, xefa de sección de Cultura e Deporte. O Concurso Fran Pérez "Narf" de música ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor Fran Pérez "Narf". Algunhas das bandas gañadoras deste premio son Mounqup, Bala ou Familia Caamagno, entre outros.
No relativo aos outros finalistas, MARIÁN, cantante e compositora da Serra de Outes, aínda que residente en Compostela, está a piques de publicar o seu álbum debut, no que conta coa colaboración de Guadi Galego. O xurado destacou dela "a súa calidade vocal, así como os arranxos e a produción". A formación VIMBIO, liderada por Álex Arnoso (antes SonDaRúa), é unha nova banda de Ponteareas que xorde para conxugar o rap coa esencia do metal da década dos 90 e dos 2000. Deles o xurado destacou "o envoltorio de épocas diferentes de poética galega nunha banda de guitarras, máis contundente".