O dúo Mallou, conformado por Sabela Rey e BenxamÃn Vázquez, acadaron o favor do xurado do XIV Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña. A gala da final, celebrada no Teatro Colón da Coruña servÃu para tomar a decisión entre as propostas que chegaron a ela entre máis das trinta propostas recibidas, o grupo Noar rematou segundo e Madalena Gamalho terceira.
Sobre a proposta musical de Mallou o xurado destacou "a contemporaneidade dos sons de raÃz e as influencias narfianas". Segundo o comunicado do premio, "xuntos fan unha viaxe conxunta e individual dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raÃz: country, blues e soul ata a música galega". Sabela e BenxamÃn, músicos coñecidos por estar noutras formacións do eido do blues e o rhythm'blues coma The Lakazáns, "achegan un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades". O evento puido seguirse en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Deputación da Coruña. O Concurso Fran Pérez "Narf" de música ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, asà como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez "Narf". Os premios en metálico son de 4.000 euros para o proxecto gañador, 2.000 para o segundo e un terceiro premio de 1.500 euros.