
O palmarés da edición deste festival dedicado ao xénero fantástico, de terror ou ciencia ficción complétase con varios galardóns máis das seccións oficiais que se distribúen en obras de dez paÃses. O de Mellor Longametraxe foi para 'The Book of Sijjin and Illiyyin' (Indonesia, 2025) de Hadrah Daeng Ratu, que tamén levou o premio a Mellor Dirección nesa sección. En curtametraxes o galardón da sección oficial foi para 'Last Night Stand' (Canadá, 2025) de Pierre-Luc Gosselin, mentres que o de mellor dirección recaeu en Jorge Sermini por 'Daughter' (Bélxica, 2025). A Mellor Interpretación, segundo o xurado foi a de Colby Minifie por 'The Surrender' (Canadá).
A Mellor Curtametraxe de Animación foi, segundo o xurado da edición, 'The Boy who cheated Death' (Francia, Vietnam, 2025) de Pipou Phuong Nguyen. O Premio Roberto Camba aos efectos especiais foi para a longa 'Hold the Fort' (Estados Unidos, 2025) e a cinta arxentina 'Los Ojos del Diablo' de Daniel de la Vega acadou o Premio Especial do xurado. No relativo ao galardón á Mellor pelÃcula latinoamericana foi para o filme 'Consequências Paralelas' (Brasil, 2025) de Gabriel França e CD Vallada. O palmarés pechase co galardón a Mellor videoclip para 'I've been fallin' (TurquÃa, 2025) de Ugur Savaş.







