O festival Curtas de Vilagarcía premia as películas 'Brotes' e 'El cumple'

Galardoouse tamén ao documental e Antonio Caeiro 'Eu tamén necesito amar'

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Carteis de 'Brotes' e 'El cumple'

Carteis de 'Brotes' e 'El cumple'

Pechouse a 47ª edición do festival internacional de cine e banda deseñada Curtas de Vilagarcía de Arousa non sen antes repartir o palmarés da súa sección oficial deixando atrás nove premios colocados e cun gran protagonismo para a produción cinematográfica galega. A curtametraxe El cumple (Producciones Labarouta, 2019) primeira película dirixida polos guionistas Pablo Alen e Breixo Corral levou o premio do festival á mellor curtametraxe na sección oficial internacional; na sección propia de curtametraxes galegas resultou premiada Brotes, de Jorge Fernández Meneses; Fran X. Rodríguez levou o premio ao mellor director galego polo seu traballo coa produción Neno bonito. O documental sobre a afectividade sexual durante a posguerra e a ditadura Eu tamén necesito amar, dirixido por Antonio Caeiro para Ollomol Audiovisual de Gondomar e a Asociación Cultural O Faiado da Memoria de Vilagarcía de Arousa, levou o premio de mellor documental galego.

A comedia española Amor en polvo de Juanjo Moscardó e Suso Imbernón acadou pola súa banda o premio á mellor longametraxe. O realizador albanés Erenik Beqiri foi elixido como mellor director polo seu traballo coa longametraxe The Van (2019). O documental Gurs, Historia y Memoria de Verónica Sáenz acadou o galardón a mellor Documental e o Premio Roberto Camba a mellor videocreación foi para Degusté de Stephane Baz.

Que che parece esta nova?
137 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cine, Vilagarcía de Arousa, Banda deseñada...