A sétima edición do CityBlue Films Festival de Vigo ven de facer público o palmarés completo unha vez finalizada o pasado día 2. 'O home o can' (2023) de Ángel de la Cruz e protagonizado por Manuel Manquiña acadou o Premio do xurado á mellor longametraxe da sección oficial internacional do festival, deste xeito o realizador sae dobremente galardoado do festival tras recibir tamén o Premio Honorífico, dado a coñece4r ao inicio da cita. O premio inclúe a distribución internacional por 1 ano a cargo de CityBlue Films, a empresa viguesa distribuidora audiovisual organizadora do encontro. No relativo aos premios ás producións galegas, o documental "Tralos pasos de María Casares", asinado por Isabel Blanco e Sabela Hermida levou o galardón a Mellor Longametraxe Galicia; o premio á mellor curtametraxe galega foi para . "Morte e meu Avó", un traballo tamén documental dirixido por Gon Caride.
O palmarés do festival vigués, que proxectou 25 curtametraxes e 5 longametraxes na súa sección oficial, complétase con outros galardóns como o premio do xurado á mellor curta, que vai para a produción franco-belga "Beyond the sea", dirixida por Hippolyte Leibovici: Ademais o certame inclúe un galardón á mellor curta de temática social, recoñecendo valores de convivencia, tolerancia, solidariedade, respecto, diversidade e cohesión social, que este ano foi para a peza 7:11 Cuarzo, de Daniel Ortiz Entrambasaguas. O premio ao mellor Guión foi para a curtametraxe francesa "Fortissimo", unha comedia dirixida por Victor Cesca. Os traballos infantís e as producións estudantís tamén tiveron os seus galardóns, votados por público estudantil da escola de imaxe e son ou alumnado de colexio.