Sae a licitación o proxecto para musealizar o Museo de Caaveiro

A Deputación da Coruña investirá 340.000 euros en dotar de contidos este conxunto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Vista aérea do mosteiro de Caaveiro. Fonte: Deputación da Coruña

Vista aérea do mosteiro de Caaveiro. Fonte: Deputación da Coruña

Un novo proxecto de musealización ampliará os contidos do Museo de Caaveiro, situado nas Fragas do Eume, no Concello da Capela. A Deputación da Coruña saca a concurso as obras para un proxecto que conta cun orzamento total de 342.975,21 euros. Segundo informa a entidade, os traballos "consistirán principalmente en intervencións museográficas para acondicionar o convento nun espazo que permita unha mellor contextualización do edificio, ofrecendo á persoa visitante unha experiencia de aprendizaxe cultural sobre a Idade Media en Galicia, un dos momentos de maior pulo do mosteiro".

Entre outras accións, o proxecto prevé instalar pasamáns e melloras na mobilidade polo interior deste conxunto histórico. Canda a isto, prevese a instalación dun novo peche de control de acceso, instalación de nova iluminación e melloras nos sistemas eléctricos e instalación de tabiques museográficos para "tematizar o sotoandar da Casa dos Cóengos". A obras contarán cun prazo de execución de seis meses. O monumento xa acollera unha primeira proposta de musealización e de rehabilitación integral que abriu ao público en 2011.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Caaveiro

Inaugúrase a rehabilitación do mosteiro de Caaveiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Idade Media, Eume, Medios de comunicación