Sae a concurso a musealización de Caaveiro

O proxecto inclúe mobiliario e contidos multimedia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Sae a concurso a musealización de Caaveiro

A Deputación da Coruña acaba de publicar o concurso para a última fase de musealización do Mosteiro de Caaveiro. O proxecto conta cun orzamento de 349.624 euros nos que se inclúe inmobiliario para instalacións e sistemas de vixilancia entre outros. A nivel de contidos, as empresas de concorran deberán encargarse tamén da sinaléctica completa do lugar, así como de propostas de mercadotecnica asociadas ao cenobio, coma gorras, paraugas ou camisolas. Ao tempo, prevese a realización de dous audiovisuais de carácter didáctico, un deles centrado na historia e evolución deste conxunto e outro dedicado aos valores naturais e paisaxísticos do contorno. Trípticos, audio de ambientación para a capela, vitrinas e outros elementos completan os contidos previstos para o mosteiro.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Caaveiro

Inaugúrase a rehabilitación do mosteiro de Caaveiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña

Claves