A versión portuguesa de Saxo Tenor, de Vidal Bolaño, chega a Santiago

A dramaturxia galega incorpórase por vez primeira ao repertorio do teatro público luso

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
A versión portuguesa de Saxo Tenor, de Vidal Bolaño, chega a Santiago

A compañía pública portuguesa Teatro Nacional Dona María II representará os días 29 e 30 de maio no Teatro Principal de Santiago Saxo Tenor, a obra esperpéntica do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño. A versión portuguesa deste texto do teatro galego contemporáneo é, ademais, o primeiro título da dramaturxia galega que leva ás táboas o principal teatro público do país luso.

Na obra Sax Tenor, título en portugués do espectáculo, José Martins ponse á fronte dun elenco de 14 intérpretes para lles dar vida aos numerosos personaxes desta peza teatral galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro.

O texto de Vidal Bolaño foi proposto polo Centro Dramático Galego para esta colaboración institucional co Teatro Nacional luso como un das pezas claves na ampla obra do que é un dos máis importantes dramaturgos galegos contemporáneos. Definido pola compañía pública portuguesa como "herdeiro lexítimo de Ramón María del Valle Inclán", o autor e director galego escribiu esta obra en 1991 a modo de esperpento do século XX, cunha trama que se desenvolve á sombra da catedral compostelá.

Funcións
As funcións desta peza teatral están programadas para o venres 29, ás 17.30 horas, e o sábado 30, ás 20.30 horas. Ademais destas representacións, a compañía pública portuguesa ofrecerá un pase escolar o venres 29, ás 11.00 horas.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Unha ruada de papas e unto

Unha ruada de papas e unto

O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Roberto Vidal Bolaño, Álvaro Cunqueiro, Valle Inclán...