O Teatro Nacional Dona María II de Lisboa visita Galicia

Representará Gil Vicente na horta os días 25 e 26 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Imaxe de Gil Vicente na horta

Imaxe de Gil Vicente na horta

Os acordos da Consellaría de Cultura para achegar os espazos escénicos galego e portugués comezan a dar froitos. No marco deste programa o Teatro Nacional Dona María II de Lisboa visitará os vindeiros días 25 e 26 de outubro o Teatro Principal de Santiago. Alí a compañía representará Gil Vicente na horta, unha versión dirixida por João Mota da obra O vello na horta, de Gil Vicente. Trátase dunha farsa que se representou orixinalmente en 1512 e que na versión actual encadea diferentes obras do clásico dramaturgo portugués.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lisboa, Portugués, Teatro Principal de Santiago de Compostela...