Noite de Reis represéntase no Festival de Teatro Clásico de Almagro

O CDG levará en castelán este éxito da tempada teatral galega

10/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
20 lecturas | Compartido 0 veces

Sen dúbida, foi a sensación teatral da tempada pasada en Galicia, con cheos en todas as salas nas que se representou. Agora, o Centro Dramático Galego repón esta obra de Shakespeare dirixida por Quico Cadaval en castelán no Festival de XXXI Teatro Clásico de Almagro. Almagro é unha das grandes citas teatrais do ano en España, e o CDG representará a obra na Casa de los Miradores do 11 ao 13 de xullo.
A reposición de Noite de Reis poderase ver tamén do 21 ao 25 de xullo no Salón Teatro de Santiago.

Universo culturagalega.gal

26/05/2021

Cando a fronteira era puro teatro

O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga estrearán no festival de Almagro a primeira obra de teatro en galego

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos