Galicia será a comunidade autónoma convidada de honra na 45 edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro (Ciudad Real), que se celebrará entre o 30 de xuño e o 24 de xullo. A proposta galega canalizouse a través da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e do Centro Dramático Galego, pertencente a esta. Galicia convértese asà na terceira comunidade autónoma en ser convidada tras Valencia e Navarra na senda aberta polo festival para descentralizar o canon eminentemente castelán do Século de Ouro, e compartir as linguas cooficiais e os acentos de outras teatralidades clásicas. Ademais de Galicia o festival terá como paÃs convidado a Uruguay.
Segundo destaca o director do Festival Internacional de Teatro Clásico, Ignacio GarcÃa, Galicia presentará en Almagro unha "rica proposta de teatro contemporáneo sobre textos clásicos, que afondan no pasado das nosas teatralidades: desde as milagres medievais, as cantigas de Alfonso X ou os autos de Gil Vicente, ata chegar ao contemporáneo". O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, e o director do evento avanzaron en rolda de prensa a programación de artes escénicas galegas que presentará a Xunta, que inclúe a estrea absoluta de 'La Toffana', de Vanessa Montfort e con dirección de MarÃa Herrero, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con La Quintana Teatro e Proyecto Barroco. Ofreceranse tamén as pezas 'Arte sen guión', de Galeatro, e 'A barca do inferno', de Moving Compass, estreadas o mes pasado no marco do ciclo Clásicas desfeitas coproducido pola Cidade da Cultura de Galicia e o CDG. A primeira delas rescata a temática medieval e a segunda inspÃrase no Auto da barca escrito polo portugués Gil Vicente no século XVI, mediante a técnica de manipulación de obxectos. Ademais, Producións Teatrais Excéntricas representará o seu espectáculo 'Estrela do dÃa', estreado o pasado ano no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, con dramaturxia de Quico Cadaval a partir das Cantigas de Santa MarÃa de Alfonso X O Sabio. A música chegará da man de Xoán Curiel e Xosé Lois Romero, cun concerto centrado nas cantigas de amigo e textos galegos do Século de Ouro. Nel presentarase, no marco do Xacobeo 21-22, unha versión musicada das Décimas ao Apóstolo Santiago, escritas por MartÃn Torrado Mariño en 1627.