En 1671 un licenciado chamado Gabriel Feixoo de Araúxo escribiu a peza teatral hoxe coñecida como A contenda do rÃo Miño, un exemplo singular de entremés (unha peciña teatral) e que se considera, ata o momento, a peza teatral máis antiga en lingua galega conservada. Esta obriña teatral de desencontros e encontros fronteirizos entre Galicia e Portugal foi a escollida para ser estreada no Festival de Teatro Clásico de Almagro, que este ano conta con Portugal como paÃs convidado, nun acordo conxunto do Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga presentado onte en Lisboa. Tras a estrea do 2 e 3 de xullo en Almagro, tamén se realizarán funcións en Cangas, dentro da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo, e en Braga, no Festival Mimarte. A obra está dirixida por Fran Núñez co apoio do director da Companhia de Teatro de Braga, Rui Madeira, e conta cos equipos técnicos das dúas compañÃas, e un elecon sobre todo portugués. Segundo o CDG, o obxectivo é "reforzar a identidade común".
A Contenda do rÃo Miño aborda un conflito pola pesca no rÃo que fai fronteira entre Galicia e Portugal, onde un fidalgo portugués creba os usos e costumes tradicionais do rÃo sobreexplotando o recurso. Isto provoca o enfado e a reacción dos galegos, representados polo labrador Roleiro. Isto dá lugar a unha batalla e a morte dun portugués, pero ao final as dúas bandas da fronteira se reconciliane celebran unha festa conxunta. Segundo investigadores como Baldomir Cabanas, trátase dunha forma propia do xénero coñecido como Entremés, tan habitual no teatro clásico español, e no que se pode apreciar un fenómeno de subversión social, xa que quen gaña e con quen se identifica o espectador é co labrador galego.