Tal e como se comunicou o pasado 24 de marzo, o espectáculo do Centro Dramático Galego "Shakespeare en Roma" estará este ano no programa do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, que celebra a súa 69ª edición e é unha referencia indispensable da escena teatral acoutada á temática do xénero clásico, nomeadamente grecorromano. Os dÃas 18 e 19 de xullo, a montaxe do CDG, que se basea en textos do escritor inglés William Shakespeare, representarase nese marco, resultando esta a primeira vez que a cabeceira pública da escena galega participa do programa deste evento co requisito imposto desde o festival de que a representación se fixera en castelán. A Academia Galega de Teatro (AGT), unha entidade privada constituÃda coa finalidade de debater e facer chegar á sociedade e ás institucións os problemas da vida escénica galega, fixo público o pasado dÃa 25 de maio, a través dun comunicado, o seu rexeitamento ao feito de que a montaxe do CDG, que se estreou en galego, se presente en Mérida con esa adaptación feita ad hoc para a ocasión en castelán.
Tanto desde o Centro Dramático Galego como desde a dirección do Festival coinciden ao explicar que a posta en escena en castelán foi unha imposición feita desde o propio festival para a inclusión da montaxe no seu programa. "A dirección artÃstica do Festival de Mérida fai as súas contratacións de obras en castelán", afirman desde a oficina de comunicación do evento, e engaden que "desde que está á fronte do Festival a directiva actual, 12 anos, non se fixeron representacións que non fosen en castelán". Nese senso confirman desde o CDG este requisito "da liña programática do festival nos últimos anos" ao ser consultados desde a nosa redacción. A tradución e adaptación do texto trátase polo tanto dunha decisión "sine qua non" para a participación no festival que o CDG aceptou para incluÃr nel a súa produción.
Denegouse o uso de subtitulación
A AGT recoñece nos festivais internacionais unha boa plataforma para a difusión do teatro en galego, xa que, segundo afirman, "o público que acode a eles está afeito a asistir a espectáculos en calquera idioma" e sinalan a existencia en moitos casos duns medios técnicos "para ofrecer un espectáculo subtitulado sen menoscabo da función". Consultada neste senso a compañÃa pública galega sobre se desde o CDG chegaron a propor á organización do evento a utilización de medios de accesibilidade ou outras alternativas que puidesen traducir o libreto ao castelán apoiando a representación en galego, a resposta foi afirmativa pero aseguran que recibiron a denegación por parte do festival. "Si que se propuxo, aproveitando ademais que o Centro Dramático Galego dispón do seu propio sistema de accesibilidade, que inclúe esa posibilidade de contar coa transcrición do texto, pero desde o festival non se aceptou", aseguran desde a unidade de produción teatral de AGADIC. O festival dispón de varios medios técnicos de accesibilidade tamén, pero en ningún caso se usan para a tradución simultánea.
Desde a AGT, no seu comunicado de protesta, non dubidan en sinalar a importancia desta cita teatral de Mérida como "un escaparate de primeira liña precisamente para actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente" e manifestan "rexeitamento e incomprensión ante o abandono da lingua propia de Galicia por parte dunha institución que depende da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC)" polo feito de levar alà a representación en castelán, a única coa que podÃa ter ido. A AGT resalta neste caso entre os fins da AGADIC o de "garantir o progreso da cultura galega, e nomeadamente a normalización e o impulso do idioma galego como medio para protexer e fomentar a identidade cultural de Galicia, o desenvolvemento social, o crecemento económico e o diálogo intercultural".
Independentemente do feito de ser esta unha representación baseada nunha adaptación de textos dramáticos de William Shakespeare, a AGT asegura que renunciar ao emprego da lingua na que se creou un espectáculo escénico "supón corromper a experiencia artÃstica que se deriva da súa contemplación" e segundo esta entidade, o feito de que quen o faga sexa unha compañÃa institucional "significa asumir unha posición de subordinación do galego que resulta inadmisible nunha entidade pública e que contravén a Lei de Normalización LingüÃstica". A Academia Galega de Teatro pide ao Centro Dramático Galego recapacitar e rectificar a decisión e convida á compañÃa a presentar a súa produción só na lingua na que foi proxectada, realizada e ofrecida ao público en todas as súas representacións, unha decisión que levarÃa neste caso situar a montaxe fóra da liña programática lingüÃstica do programa do festival internacional de Mérida, dada a postura confirmada desde a organización do evento.