O CDG regala cincuenta entradas para a reposición de Noite de reis. Ou o que queirades

Serán para a primeira función que terá lugar mañá xoves en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Este ano é o XXV aniversario do Centro Dramático Galego e, para comezar a conmemoración, o CDG regalará 50 entradas para ver a primeira función da nova tempada de Noite de Reis. Ou o que queirades, o clásico de Shakespeare dirixido e versionado por Quico Cadalval. Noite de Reis acadou un éxito de público sen precedentes na escena galega e ese é o motivo polo que a compañía pública de teatro repón a obra durante esta tempada. As entradas pódense conseguir chamando por teléfono ás oficinas do CDG (981 58 11 11) entre hoxe e mañá en horario de 9.00 a 14.00 horas. Entregaranse un máximo de dúas localidades por persoa até completar as 50.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis, Shakespeare, Teatro, Escena Galega...

Claves

Protagonistas
Conceptos