O PolÃgono da Costa Vella, nas proximidades de Compostela, acolle a nave industrial que será, a partir deste ano, o local de ensaio do Centro Dramático Galego. O espazo, que conta con dúas salas, estará tamén destinado a ensaios de compañÃas privadas, pases privados con público e as actividades dos participantes no programa Artistas en residencia entre outras propostas. Deste xeito, Teatro de Morcego aproveitará o espazo para os ensaios da obra Kvetch, e o propio CDG inicirá o dÃa 12 os traballos para a representación de As dunas, con texto de Manuel Lourenzo e Quico Cadaval. Antes diso, o dÃa 8, o CDG inicia a reposición da súa exitosa obra Noite de Reis. Ou o que queirades, unha adaptación de Shakespeare da man do mesmo director. A obra poderá verse no Salón Teatro de Compostela ata o vindeiro 31 de xaneiro.