Agadic busca darlle maior protagonismo á nave que estreou no polígono de Costa Vella

Mañá comezan nese espazo os ensaios da nova produción do Centro Coreográfico Galego

“Non hai nada máis caro que ter unha infraestrutura baleira” apuntou Juan Carlos Rodríguez Fasero na presentación da última coproducion do CDG e Sapristi Teatro Porque o meniño se coce na polenta? (Salón Teatro, venres ás 21:00 horas). Un espectáculo que estivo un mes ensaiando na nave que a Agadic inaugurou hai un ano no polígono de Costa Vella. Malia ser de nova construción, Fasero asegurou que desde a súa chegada a Agadic está a rehabilitar ese espazo para poder darlle uso como lugar de residencias artísticas tanto para compañías privadas (o ballet de Merce Cunningham estará alí na súa estadía en Galicia) como públicas (mañá comezan os ensaios da última produción do Centro Coreográfico Galego). A día de hoxe, a nave conta con dúas salas así como espazo de almacenaxe e oficinas.

Ligazóns