O musical histórico Glass City abre a temporada do Salón Teatro

O 15 de xaneiro terá lugar a estrea de As actas escuras

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:

Un musical de gran formato de corte histórico abrirá a temporada do Salón Teatro. Glass City, a última aposta de Teatro do Noroeste en coprodución co Centro Dramático Galego, estará dúas semanas no espazo xestionado por Agadic. Por diante queda un trimestre cargado de funcións: as que acollerá da Feira Galega das Artes Escénicas (do 19 ao 22, aínda que a feira remata o 23), Cineuropa (do 2 ao 15 de novembro, malia que o encontro cinematográfico se alonga ata final de mes) ou a Mostra de Teatro Infantil de Nadal (do 26 ao 30 de decembro). Ademais, o Salón Teatro acollerá o último proxecto de Matarile, Cerrado por aburrimento e espectáculos de teatro e danza de compañías como Teatre Lliure, Marta Carrasco ou Ao Cabo Teatro (Portugal). Na presentación da programación, Juan Carlos Fasero, director de Agadic, anunciou que o 15 de xaneiro terá lugar a estrea de As actas escuras a montaxe do CDG a partir dun texto de Roberto Vidal Bolaño.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Escuras, moi escuras

Escuras, moi escuras

O CDG abre a temporada recuperando un texto de Roberto Vidal Bolaño sobre a autenticidade dos restos do Apóstolo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Feira, Roberto Vidal Bolaño...