
Hai desde estreas de compañÃas dun longo percorrido como Teatro de Ningures ou Lagarta Lagarta ata montaxes de vangarda como a que presenta Ónfalo Teatro pasando por obras para nenos na programación de Nadal (Limiar Teatro, Berrobambán, Panamesiana Teatro, TÃteres Trompicallo). Ademais, o Salón Teatro tamén continuará co seu espazo para música co seu “ST Música Presente”.
Formación continua
Blanca Cendán insistiu no interese do CDG de desenvolver un programa de formación cotinuada para “aproveitar esos momentos de lagoa para completar os ocos con profesionais”. Ademais, Cendán amosou o seu interese por continuar por proxectos como “Dramaturxias de actualidade” para creación dramática aÃnda que “haberá que ver como se mantén a partir do vindeiro ano 2011”.