É a directora do Centro Dramático Galego por méritos propios. Roberto Varela, conselleiro de Cultura, e Juan Carlos RodrÃguez Fasero, director de Agadic, presentaron onte a Blanca Cendán como a nova responsable do buque insignia do teatro galego. Máis atención á distribución, celebrar xiras internacionais, crear a marca “Selo CDG”, teatro musical e de rúa, e unha aposta decidida pola formación son algunhas das súas liñas de traballo. Pero nesa tarefa non estará soa, chega coa intención de crear un Consello Asesor formado por xente non vencellada ao mundo do teatro (un catedrático de historia antiga e Alfonso Pato, director do festival de curtametraxes de Cans) e que lle achegarán “outros puntos de vista, consellos e suxestións”. Cendán centrará o seu traballo en xestionar o CDG e non contempla, en principio, dirixir ningún espectáculo. Para comezar, recupera Salomé, de Oscar Wilde, a obra que fixo hai vinte anos co CDG. E para esta revisión, que chegará ao Salón Teatro o 24 de setembro, contará cun equipo Ãntegramente galego.
Liñas programáticas de Blanca Cendán como directora do Centro Dramático Galego.